martes, 24 de febrero de 2009

ACTA PLENO Nº8/08

En Cee, a 3 de xuño de 2008 e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira ten lugar a 3ª reunión extraordinaria do Comité de Empresa, dando comezo a sesión ás 13horas.

MEMBROS QUE ASISTEN AO PLENO:

Dª Ana B. Lestón Gallardo. (CIG)
D. José M. Belmar Gómez. (CIG)
D. Víctor Ruiz Hervella. (UGT)
D. José C. Trinidad Sanjosé. (CSI-CSIF)
Dª Mª Henar Prieto Arranz. (CIG)
Dª María Formoso Leis. (CIG)
Dª Florentina Xoubanova Díaz. (CIG)
Dª María Formoso Fdez. (CSI-CSIF)

ORDE DO DÍA:

Traslados obstétricos.

DESENROLO DA REUNIÓN

-D. Víctor Ruiz expón o motivo polo cal escribiu e enviou a misiva, relacionada cos traslados obstétricos e outros temas relacionados co servicio de Xinecoloxía e Obstetricia, que tanto malestar xerou nos compoñentes do Comité.
-Dª Ana Lestón explícalle os motivos que levaron ao envío da carta ao Director Médico e que a única consecuencia que se buscaba era a de solicitar unha reunión co Servicio de Obstetricia para así acercar posturas sobre os traslados destas doentes, o cal se conseguiu despois de cinco anos e medio intentádoo.
-Dª María Formoso Leis e Dª Florentina Xoubanova mostran o seu descontento pola carta enviada polo doctor Víctor Ruiz.
-Dª María Formoso Fdez explica que era moi necesario conseguir dita reunión porque é algo urxente que ese tipo de traslados estén protocolarizados e que os profesionais implicados os coñezan.
Aceptando todos os motivos de ambas partes dáse por rematada a orde do día.

ROGOS E PREGUNTAS

D. José C. Trinidad expón a problemática xerada por unha multa posto á enfermeira do servicio de HADO. O hospital non se fai cargo da mesma. Pide que se fale con Dirección para poder solucionalo. Proponse, senón, poñer un peto para o pago da mesma. Queda pendente de falar co Director de Xestión.
D. Víctor Ruiz informa que en breve tomará posesión da súa praza acadada na Coruña e que deixará polo tanto o Comité de Empresa.

Sen máis temas a tratar dáse por rematada a reunión ás 14:30 hs do día anteriormente citado.