martes, 24 de febrero de 2009

ACTA PLENO Nº9/08

En Cee, a 1 de xullo de 2008 e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira ten lugar a 4ª reunión extraordinaria do Comité de Empresa. Da comezo o pleno ás 11:15hs.

MEMBROS QUE ASISTEN AO PLENO:

-Dª Ana B. Lestón Gallardo. (CIG)
-D. Guillermo González Díaz. (CSI-CSIF)
-D. José C. Trinidad Sanjosé. (CSI-CSIF)
-Dª Florentina Xoubanova Díaz. (CIG)
-Dª Mª Henar Prieto Arranz. (CIG)
-Dª María Formoso Fdez. (CSI-CSIF)

ORDE DO DIA:

Conflicto do servizo de Medicina Interna.

DESENVOLVEMENTO DO PLENO:

Dª Ana Lestón cede a palabra a D. José C. Trinidad para que éste expoña e explique a situación na que se atopa o servizo de M. Interna.
D. José C. Trinidad, comeza a súa exposición, onde aclara as distintas desavenencias que ao longo destes últimos meses se están a producir coa Dirección. Os problemas xurdidos pola redución de xornada de algún compañeiro, os problemas xurdidos pola implantación de diversas consultas ou novas consultas onde a eles non se lles ten en conta; explica que o complemento de funcionalidade que cobran por apoiar a urxencias lles foi eliminado da nómina a pesar de ter realizada dita actividade; a recepción dunha carta onde por culpa do exceso de pacientes se lles van negar os L.Ds, etc; a non negociación dos obxectivos,...
Trala exposición dos feitos, a Presidenta do comité e os restantes membros presentes acordan pedir unha reunión coa dirección para coñecer a versión da outra parte implicada, e unha vez vista e escoitada, decidirase qué facer.

Sen máis asuntos que tratar e quedando pendente a petición de reunión coa dirección, dáse por rematada a reunión.