martes, 24 de febrero de 2009

ACTA PLENO Nº6/08

En Cee, ás 11:20 horas do día lO de abril do 2008 e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, ten lugar a 4ª reunión ordinaria do Comité de Empresa.


Relación de membros do Comité que asistiron ao pleno:

D. Guillermo González Díaz. (CSI-CSIF)
D. José María Belmar Gómez. (CIG)
D. Víctor Ruíz Hervella. (UGT)
Dª María Formoso Leis. (CIG)
Dª Ana B. Lestón Gallardo. (CIG)
Dª Mª Henar Prieto Arranz. (CIG)
D. José Carlos Trinidad Sanjosé. (CSI-CSIF)
Dª Beatriz Pereira Ogando. (CIG)
Dª María Formoso Fernández. (CSI-CSIF)

ORDE DO DIA:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.
2. Creación do grupo de traballo para a dinamización do blog.
3.Pacto de contratacións e proceso de movilización temporal.
4.Aumento de persoal.
5.Rogos e preguntas.

Desenrolo do pleno:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

Procedese a lectura da acta anterior, tras a corrección de dous puntos procédese a súa aprobación.

2. Creación do grupo de traballo para a dinamización do blog.

D. José María Belmar espón a necesidade de ter unha representación en Internet por ser o hospital unha das empresas máis importantes da zona. Explica a forma do blog e as distintas maneiras das que se pode facer uso del.
Explica que solicitou a introducción do blog en Intranet sendo esta denegada. Intentara a inclusión conjuntamente con Vilagarcia., xa que pretende que o blog se poida ver dende calquer ordenador do hospital. Por último expón a necesidade de que unha persoa coordine o blog para facelo máis fluido, ofrécese como moderador déste pero considera que é presiso que alguen máis o axude, un grupo reducido aínda que todos podemos facer as nosas aportacións. Explica que a información será o máis aséptica posible e que se publicarán todos os comentarios sempre e cando éstos non teñan un caracter despreciativo con ninguén.
Tamén propón mandar a blog á prensa con posterioridade.
D. Guillermo González cree na necesidade que isto último sexa inmediato.
Chegandose a un acordo crease un grupo de traballo. Os integrantes do gurpo son:
-D. José María Belmar Gómez.
-D. Guillermo González.
-D. María Formoso Leis.

D. José María Belmar trae un boceto dun boletín informativo escrito que de facerse
sería con carácter mensual. Todos en conformidade. Primeira edición seria no mes de maio.


3. Pacto de contratacións e proceso de movilidade temporal.

Dª Ana Lestón procede a lectura do borrador do pacto de contratación temporal, tras a aclaración de varios puntos queda pendente o seu envio a Dirección para que de unha resposta.

4. Aumento de persoal.

D. José María Belmar propón asistir á reunión coa dirección, oir a resposta que ten sobre este tema, non decir nada e con isto reunirnos posteriormente. Poñerse en contacto con outras fundacións polo tema dos celadores e con toda esa información comunicar a os nosos compañeiros todo o referente ao tema nunca asamblea de traballadores pendente de convocar.
D. Guillermo González pide que en cuestión de administrativos en urgencias o cadro de persoal debe ser suficiente para cubrir a porta as 24 hs do día.
Dª Ana Lestón expón que a obtención de celadores non seria efectiva ata que se realicen os presupostos do 2009.

5. Rogos e preguntas:

-D. José C. Trinidad retoma o tema da doutora ***** ***** e informa que tras a resposta da dirección, a Dra. ****** decidiu non proseguir coa reclamación. No caso de que o Dr. ***** presente reclamación, replantearase a situación.
Tamén pide que exista unha resposta inmediata da dirección sobre os datos do PERLE e que teñamos acceso a eses datos.
-D. Víctor Ruíz expón que o novo coordinador de Admisión non acepta ningún tipo de proposta sobre a adecuación da plantilla quer levar a cabo e que se está creando un gran malestar entre os traballadores deste colectivo.
-D. José C. Trinidad expón que a existencia de cambios nun cadro de persoal deber ser comunicado ao Comité de Empresa se afecta a un determinado porcentaje da plantilla.
-Dª Ana Lestón propón a realizacion dunha nota escrita solicitando ao novo coordinador que se poña en contacto co Comité para informar dos cambios que quer realizar.
-D. Guillermo González informa que os traballadores eventuais do servicio de Rx non teñen á súa disposición dosímetros. Pide que se soliciten.
Pregúntase sobre se o calendario de reducción de xornada o hai que presentar con carácter anual. Propónse que cada traballador presentara a súa cartelera segundo as súas necesidades e co tempo necesario para que se de cobertura.
Vólvese a tratar o tema das ambulancias, continúase coa mesma problemática.

Sen máis asuntos que tratar dase por rematada a reunión ás 15:30 horas da data anteriormente citada.