martes, 24 de febrero de 2009

ACTA PLENO Nº5/08

En Cee, as 12:20 horas do día 13 de Marzo do 2008 e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira ten lugar a terceira reunión ordinaria do Comité de Empresa.


Relación de membros do Comité de Empresa que asistiron o pleno:

D. Guillermo González Díaz. (CSI-CSIF)
D. José María Belmar Gómez. (CIG)
D. Víctor Ruíz Hervella. (UGT)
Dª Florentina Xoubanova Diaz. (CIG)
Dª Ana B. Lestón Gallardo. (CIG)
Dª Mª Henar Prieto Arranz. (CIG)
D. José Carlos Trinidad Sanjosé. (CSI-CSIF)
Dª Beatriz Pereira Ogando. (CIG)
Dª Maria Formoso Fernandez. (CSI-CSIF)

Orde do día:

I. Lectura e aprobación da acta anterior.
2.Nombramento do novo secretario.
3.Proposta de nova data para a reunión con dirección.
4. Rogos e preguntas.

Desenvolvemento do pleno:

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

Procédese a lectura da acta anterior, non habendo alegacións procedese a súa aprobación.

2.Nombramento do novo secretario.

Procédese ao nombramento de Dª Maria Formoso Fernández como nova secretaria do Comité de Empresa e dáselle a benvida ao grupo.

3. Proposta de nova data para a reunión con dirección.

Proponse unha nova data para a próxima reunión con dirección tralo aprazamento pedido.Decídese propór o vindeiro 27 de Marzo coma nova data á espera de resposta por parte da dirección.

4. Rogos e preguntas.

Dª Ana Lestón explica que nos confirmaron que as interinidades nominais se transformaron en contratos de sustitución quedando unha plantilla de 65 enfermeiras.
Tamén expón o acordo acadado coa directora de enfermería para proceder á mobilidade interna do persoal, creándose unhas bases que estarán vixentes ata unha nova revisión. Propónse limitar o prazo de resposta a un mes

D. José María Belmar propón a utilizaci6n do blog do Comité de Empresa como medio informativo. Chegándose ao acordo de crear un grupo de traballo para levalo a cabo. Propón tamen a colocación dun buzón de suxerencias na entrada do Comité. Queda pendente de solicitar a súa colocación.


D. Guillermo González reclama que se debe informar ao persoal sobre o punto en que se encontran as negociacións sobre o aumento de persoal e se se vai a seguir co as movilizacións. Propónse sacar un folleto informativo no blog do Comité explicando unha posible xuntaza de fundacións para loitar polo aumento de persoal, pedindo igualdade cos outros hospitais comarcais dependentes do Sergas.

Dª Florentina Xoubanova informa sobre o malestar xerado pola lei de igualdade que dá prioridade os traballadores con fillos menores de 12 anos nos meses vacacionais.

D. José María Belmar pregunta se se tratará coa dirección o tema dos reforzos das unidades.
Dª Ana Lestón explica que, falado coa directora de enfermería, queda en mans dos supervisores. Polo cal decídese deixalo igualmente como punto da seguinte reunión para expoñer que, se así é, e os supervisores non se achegan as unidades que o requiran, teran que ter en conta o criterio do persoal da unidade para reforzar ou non.

Dª Ana Lestón explica que todavía non se sabe nada sobre a firma de contratos como estatutarios e que o pago dos atrasos quedan en espera das resolucións dos trienios polas Direccións Provinciais, non sabendo data fixa para o cobro destes.

Un correo chegado a través do blog por parte dun traballador do centro volve a expoñer o problema de luz que existe no vestiario masculino cando entra o xenerador a funcionar e piden unha pronta resolución do problema que xa leva desde xullo en coñecemento da dirección.

Dª Florentina Xoubanova pregunta sobre a legalidade do dobraxe de turnos.

***** *****, traballador do servicio de Rx mediante o blog pregúntase sobre a legalidade de realizar horas extras como persoal do servicios de raios cando o contrato vixente é de técnico auxiliar de coidados de enfermería. Queda pendente de resposta.

Sen máis asuntos que tratar dase por rematada a reunión as 15:30 horas da data anteriormente citada.