En Cee, as 12: 10 horas do día 4 de marzo de 2008, e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, ten lugar a segunda reunión ordinaria do Comité de Empresa no 2008.
Relación dos membros do Comité de Empresa que asistiron ao Pleno:
·D. Guillermo González Díaz. (CSI-CSIF)
·D. José María Belmar Gómez. (CIG)
·Dª Florentina Xoubanova Díaz. (CIG)
·Dª Maria Formoso Leis. (CIG)
·Dª María Henar Prieto Arranz. (CIG)
·Dª Ana Belén Lestón Gallardo. (CIG)
·D. José Carlos Trinidad Sanjosé. (CSI-CSIF)
·Dª Iria Redondo Barbeito. (CSI-CSIF)
Orde do día:
1- Lectura e aprobación das actas anteriores.
2-Dimisión de Iria Redondo.
3- Elección do novo secretario/a do Comité de Empresa.
4- Elaboración da orde do día para a reunión ordinaria con Dirección 0 13/03/08.
5- Rogos e preguntas.
Desenvolvemento do Pleno:
1-Lectura e aprobación das actas anteriores:
Procédese a lectura das actas anteriores, non habendo alegacións por parte dos membros presentes, quedan aprobadas
2-Dimisión de Iria Redondo:
Dª Iria Redondo presenta a súa dimisión como membro do Comité de Empresa, quedando polo tanto vacante o posto de secretario/a do Comité.
Dita dimisión será presentada en Dirección o vindeiro xoves 6 de marzo, sendo efectiva dende ese mesmo día.
Dª Iria Redondo comprométese a redactar a acta desta última reunión.
D. José Carlos Trinidad expón que será substituida por Dª María Formoso Fernández, seguinte enfermeira nas listas de CSI-CSIF.
3-Elección do novo secretario/a do Comité de Empresa:
Dentro dos membros do Comité, delegados sindicais por CSI-CSIF non hai ningún voluntario para ocupar o posto de secretario/a, e o vicesecretario D. Guillermo González está de baixa por enfermidade.
Acórdase ofrecerlle o posto á nova membro do Comité Dª María Formoso Fernández.
Para o nomeamento definitivo do secretario/a, decidese facer unha reunión o vindeiro xoves 13 de marzo de 2008 as 11:00 horas no local do Comité, na que xa estará presente Dª María Formoso Fernández.
O secretario/a electo podera facer uso das horas de credito sindical que lle restaban a Dª Iria Redondo Barbeito, un total de 52 horas.
4- Elaboración da orde do día para a reunión ordinaria con Dirección o 13/03/08:
Acórdase solicitar reunión ordinaria con Dirección para o próximo xoves 13 de marzo as 13 :00 horas.
1- Lectura e aprobación das actas anteriores.
2- Resposta ao expediente informativo pola reclamación da Dra. ******
3- Aumento de persoal.
4- Reforzos do persoal de enfermaría.
5- Banco de sangre.
6- Proceso de integración.
7- Rogos e preguntas.
5-Rogos e preguntas:
Fora da orde do día Dª Ana Lestón expón o acordo acadado finalmente hoxe entre os facultativos de urxencias e a Dirección. Dase por fina1izado o conflito e acórdase redactar unha nota de prensa en nome do Comité de Empresa para dalo a coñecer aos medios e a poboación.
Fóra da orde do día Dª Ana Lestón expón a problemática xurdida polas interinidades nominais. Aprobadas por economia temos 65 prazas de enfermaría; 55 do 2007 e 10 do 2008, destas últimas 10, ofrecéronse 6, catro coma vacantes e dúas como interinidades nominais por *******e ******* (Supervisores)
No hospital actualmente hai 62 enfermeiras faltarían por dar 3 prazas: unha seria unha interinidade nominal por ***** (Formación) e as outras dúas serian vacantes.
No SERGAS non existen interinidades nominais, denominanse contratos por substitución. No proceso de integración ao persoal que tiña un contrato por interinidade nominal cambióuselle por un contrato de interinidade por vacante, o cal quere dicir que no caso de que algún dos supervisores deixara de selo e se quixera incorporar ao seu posto, estaríamos sobre plantilla, porque non se pode cesar a unha interinidade por vacante, pero sí a un contrato por substitución.
Se a Dirección non quere cambiar os contratos estaríamos con dúas enfermeiras sobre plantilla. A Dirección está pendente de decidir qué vai facer.
Fóra da orde do día D. José María Belmar propón unha recollida de firmas entre os traballadores do hospital para a petición de celadores. Así como poñerse en contacto coas outras fundacións para tratar o tema.
Dª María Henar Prieto propón facer un escrito e entregalo en Dirección, no cal fagamos constar que xa somos estatutarios e qu non vamos facer as funcións de celador.
Non habendo máis asuntos que tratr e sendo ás 14:50 do día antriormente sinalado, dáse por rematada a sesión.