lunes, 23 de febrero de 2009

ACTA REUNIÓN EXTRAORDINARIA Nº2/08

En Cee, as 10:20 horas do día 14 de febreiro do 2008, e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, ten lugar a primeira reunión extraordinaria do Comité de Empresa do 2008.


D. Guillermo González Díaz. (CSI-CSIF)
D. José María Belmar Gómez (CIG)
Dª.María Henar Prieto Arranz. (CIG)
Dª.Florentina Xoubanova Díaz. (CIG)
D. Víctor Ruiz Hervella. (UGT)
D. José Carlos Trinidad Sanjosé. (CSI-CSIF)
D. ª. Beatriz Pereira Ogando. (CIG)
D. ª Ana Belén Lestón Gallardo. (CIG)
D. ª Iria Redondo Barbeito. (CSI-CSIF)

Acude como invitado ao Pleno D. Leandro García (médico de urxencias) para a exposición do primeiro punto da orde do día.

Orde do día:

1-Conflicto dos facultativos de urxencias.
2-Incremento de plantilla.



1- Conflicto dos facultativos de urxencias.


D. Víctor Ruíz fai entrega a todos os membros do Comité presentes dunha copia da folla que se entregara a prensa na concentración de hoxe as 12:00 horas (adxúntase a acta).

D. Leandro García expón a problemática das quendas no servizo de urxencias e os motivos polos cales defenden a postura de ser catro facultativos na quenda de mañá. Explica que no 2007 de 365 días que ten o ano soamente 120 días estiveron 4 facultativos de mañá. Que eles aceptarían estar tres de mañá, sempre e cando a Dirección garanta que serán tres todos os días do ano, que de feito xa o plantexaron perante a Dirección, pero que lles respostaron que non o podían garantir porque non sempre ían poder asumir as coberturas das baixas, dias de libre disposición, dias sindicais... etc.
Explica que no Hospital Juan Canalejo se cobren os dias contratando a xente, na mentres que aquí se cobren entre compañeiros.

D. ª Florentina Xoubanova comenta que seguramente cando entremos a formar parte do Servizo Galego de Saúde haberá médicos que queiran vir a cubrir dias.

D. ª María Henar Prieto expón que dende a Dirección transmitiron que lles fixeron unha primeira proposta para ser: 3-3-1 en quendas de mañá, tarde e noite respectivamente e que eles non a aceptaron.

D. Leandro García di que é mentira, que dende o pasado mes de abril do 2007 solicitaron insistentemente reunirse coa Dirección para negociar este tema, pero que a Dirección non se quixo reunir cos traballadores afectados. Que no escrito do que nos fixo entrega, temos todas as peticións que fixeron e as respostas dadas pola Dirección.
Explica ademais o incidente que sufriu en urxencias o pasado 8 ou 9 de xaneiro con D. Francisco José Pazos Soto, Xerente do Hospital, no que este último o mandou a merda, diante de compañeiros e pacientes.

D. Leandro García explica que o pasado día 9 de xaneiro aínda non tiñan as quendas para o día 16 de xaneiro, que D. Francisco José Pazos lle comentou que a partir do día 16 ían ser máis facultativos no servizo de Urxencias, pero ante a pregunta de cantos ían ser, a resposta foi que el non lle tiña que dicir nin quenes nin cantos, que as labores de xestión lle correspondían a el.

As rotacións de quendas impostas pola Dirección colgarónse nos taboleiros do servizo, pero non se entregaron en persoa aos traballadores afectados, que ademais foron modificadas ata catro veces en menos dun mes, e que non cumprían os prazos normais para a súa entrada en vigor xa que algunhas delas eran para aplicar nas seguintes 24 horas.

D. José Carlos Trinidad manifesta que non se pode negociar dende unha imposición.
D. Leandro García explica que coas novas quendas impostas pasan de facer 55 noites a facer máis de 80 ao ano.

Según D. ª Florentina Xoubanova o que falta e negociación, e o problema fundamental e unha cuestión económica. D. Leandro García respóndelle que non é un tema económico e que no escrito que presentou ao Comité e a Dirección en ningún momento se fala de diñeiro; e que a falta de negociación e culpa da Dirección porque soamente 15 minutos antes da pasada reunión do 7 de febreiro foi cando se lle deixou entregar a súa proposta en Dirección, e que a Dirección non lle permitiu asistir a dita reunión para poder falar do tema.

D. Víctor Ruíz explica que non se pode contratar a calquera facultativo para traballar en urxencias, que esa é unha actitude temeraria. Que deberían ser facultativos con experiencia no servizo de urxencias non especialistas de outro tipo (traumatólogos, xinecólogos... etc.).

D. ª Ana Lestón explica que nesa reunión do día 7 de febreiro coa Dirección intentamos defender a postura dos traballadores e que ela se ofreceu como mediadora no conflicto entre as dúas partes. Que o venres intentou que os facultativos a deixaran ir a Asamblea de facultativos que ia ter lugar o luns, pero que non a deixaron, que D. Leandro García lle explicou os motivos da negativa, pero que eles si a aceptaban como mediadora. Pero que ainda así, o martes 12 de febreiro tivo lugar unha reunión con Iñigo Montesino e que non a chamaron para asistir. D. Leandro García explica que nos últimos días reuniuse con D. Alfonso Gulias, D. Iñigo Montesino e D. Candido Díaz en múltiples ocasións, pero que todos foron contactos de pasillo forzados, pero nada oficial.

D. Leandro García expón que o plan funcional de urxencias anterior que funcionou durante catro anos se negociou coa anterior Dirección e que esta Dirección pasouno por alto.
Esixe que como representantes seus non consintamos a ilegalidade que lles impuxeron, que antes de sentarse a negociar teñen que retirar as quendas impostas e volver ao acordado no plan funcional anterior.

D. ª Ana Lestón procede a lectura da folla entregada por D. Víctor Ruiz ao inicio da reunión. Non está dacordo coa coletilla de “arbitraxe externo obxectivo que garantice a correcta implantación do acordo sen prexuízos laborais para os facultativos”. Según ela dan por suposto que o Comité non é un mediador obxectivo, que ten prexuízos para con eles, e xa dan por suposto que non vai a funcionar. D. Leandro García explica que non quere dicir iso, que a primeira negociación sería con nós, pero se non dera froito se solicitaría que se recurrira a alguén externo.

Dª Ana Lestón propón unha posible reunión con Dirección para o vindeiro luns 18 de febreiro, e D. Leandro García acepta acudir a dita reunión asumindo a arbitraxe de Dª Ana Lestón.

2- Incremento de plantilla:

D. Guillermo González y José María Belmar propoñen que se una a reivindicacón do incemento de plantilla ca negociación do plan Funcional de Urxencias por entender que ambos temas supoñen un aumento de persoal.
Dª Ana Lestón expón que non lle parece adecuado unir dous conflictos e que é preferible negocialos por separado aínda que poidan ser negociacións simultáneas no tempo.

D. Leandro García manifesta que na súa opinión non é boa idea levalos xuntos xa que a situación poderia abocar a unha nova folga.

3- Rogos e preguntas:

Despois de escoitar as declaracións que D. Francsco José Pazos Soto fixera no día anterior para Radio Nordés, o Comité decide facer un escrito de protesta perate a Dirección, así como dar resposta a ditas declaracións nun comunicado de prensa.


Non habendo máis asuntos que tratar e sendo as 14:00 horas do día anteriormente sinalado, dáse por rematada a sesión.