lunes, 23 de febrero de 2009

ACTA REUNIÓN EXTRAORDINARIA Nº3/08

En Cee, ás 13:1 0 horas do día 26 de febreiro do 2008, e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, ten lugar a segunda reunión extraordinaria do Comité de Empresa do 2008.

•Dª Florentina Xoubanova Diaz.(CIG)
•Dª Ana Belén Lestón Gallardo. (CIG)
•Dª Maria Formoso Leis.(CIG)
•D. Olegario Alves Senra. (UGT)
•D. José María Belmar Gómez. (CIG)
•D. Guillermo González Díaz. (CSI-CSIF)
•Dª Beatriz Pereira Ogando. (CIG)
•Dª Iria Redondo Barbeito. (CSI-CSIF)

Orde do día:

1-Acoplamentos persoal de enfermaría.

Desenvolvemento do pleno:

Ana Lestón explica que en agosto tivo lugar a primeira reunión de acoplamentos na que estiveron presentes por parte da Dirección a Directora de Enfermaría e máis os supervisores. En setembro tivo lugar a segunda reunión na que se decidiu por maioria dos presentes que se desfarían todos os acoplamentos, pero que se respectaría o acoplamento de Henar Prieto eo de ***** ****
Expón que unha vez resolto o concurso de traslados interno foi cando comezaron as protestas.
Ana Lestón explica a postura da Directora de Enfermaría: o acoplamento de Henar Prieto en quirófano se mantería igualmente que o de ***** ***** en dialise. Non acepta que **** ***** quede en HADO porque non e un servizo especial (ainda que no pacto de contratacións si se recoñece coma especial). Polo tanto a Directora quere que se firme un acordo no que figure que se desfan todos os acoplamentos e non se permitirá ningún máis, pero que se manteñen o de Henar Prieto e de ***** *****
Polo tanto dende o Comité hai que decidir en primeiro lugar se aceptamos o acoplamento de Henar Prieto ou polo contrario se desfan todos os acoplamentos, ou se solicitamos un novo procedemento de acoplamentos solo para persoal fixo, excedencias, vacantes...
No SERGAS os interinos que ocupan unha vacante, teñen o seu oco, a súa silla igual ca un fixo.
Procedese a votación por parte dos membros presentes quedando o resultado coma segue:


1- Que se desfagan todos os acoplamentos agás o de Henar Prieto:

-Ningún voto.

2-Que non se permita ningún acoplamento:

-Tres votos a favor:

*José María Belmar Gómez
*Guillermo González Díaz
*Iria Redondo Barbeito

3- Que se permitan todos os acoplamentos cunha nova regulamentación:

- Cinco votos a favor:

*María Formoso Leis
*Ana Belén Lestón Gallardo
*Florentina Xoubanova Díaz
*Beatriz Pereira Ogando
*Olegario Alvés Senra

Decídese presentar un escrito perante a Dirección coa decisión adoptada.

Non habendo máis asuntos que tratar e sendo as 14:20 horas do día anteriormente citado, dase por rematada a sesión.