lunes, 23 de febrero de 2009

ACTA PLENO Nº1/08

En Cee, ás 12:20 horas do día 29 de xaneiro do 2008, e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, ten lugar a primeira reunión ordinaria do Comité de Empresa no 2008.

Relación dos membros do Comité de Empresa que asistirón ao Pleno:

• D. ª Ana Belén Lestón Gallardo. (CIG)

• D. Guillermo González Díaz. (CSI-CSIF)

• D. ª Beatriz Pereira Ogando. (CIG)

• D. ª María Formoso Leis. (CIG)

• D. ª Florentina Xoubanova Díaz. (CIG)

• D. Víctor Ruiz Hervella. (UGT)

• D. ª María Henar Prieto Arranz. (CIG)

• D. ª Iria Redondo Barbeito. (CSI-CSIF)

Xustifican a súa ausencia:

• D. José María Belmar Gómez. (CIG)

Orde do día:

1- Lectura e aprobación da acta anterior.

2- Permisos e licencias.

3- Rogos e preguntas.

Desenvolvemento do Pleno:

1- Lectura e aprobación da acta anterior:

Iria Redondo procede á lectura da acta anterior, non habendo ningunha alegación por parte dos membros do Comité presentes, procedese a súa aprobación.

2- Permisos e licencias:

Acórdase tratar o vindeiro xoves 31 de xaneiro na reunión con Dirección sobre permisos e licencias o tema das baixas por risco na lactación natural.

Ana Lestón procede á lectura da acta e alegacións da anterior reunión con Dirección sobre permisos e licencias celebrada o pasado mes de agosto do 2007, repártese entre todos os membros unha copia do borrador dos permisos que está sendo negociado no SERGAS.

Iria Redondo reparte entre todos os membros asistentes un resumo dos novos permisos e licencias de acordo coas últimas leis.

Nese intre sendo as 13:30 horas se nos comunica dende Dirección que a reunión do xoves 31 de xaneiro queda aprazada por non poder estar presente en dita reunión D. José Francisco Pazos Soto.

Decídese polo tanto pospor a presente Reunión do Comité para o xoves 31 de xaneiro co fin de seguir falando do tema dos permisos.

3- Rogos e preguntas:

Ana Lestón expón o que lle explicou o Director sobre a Reunión mantida en Santiago na que se tratou o tema de provisión de prazas para este Hospital.

O Director explicou que veñen aprobadas tres prazas de facultativos de urxencias e que están pendentes de confirmar de 3 a 6 prazas de auxiliares de enfermaría, dúas prazas de técnicos de laboratorio, unha praza de técnico de radioloxia, sete prazas de PSX e dúas prazas de facultativos (unha de anestesia e outra de traumatoloxía).
Dita petición foi enviada o pasado 14 de xaneiro e está pendente de resposta.

Non habendo máis asuntos que tratar e sendo as 15:00 horas do día anteriormente sinalado, dáse por rematada a sesión, quedando citados de novo para 0 xoves 31 de xaneiro as 10:30 horas.

En Cee, ás 11:30 horas do día 31 de xaneiro de 2008, e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, proséguese coa reunión que comezou o martes 29.

·Dª Ana Belén Lestón Gallardo. (CIG)
·D. Víctor Ruíz Hervella. (UGT)
·Dª Beatriz Pereira Ogando. (CIG)
·Dª Florentina Xoubanova Díaz. (CIG)
·Dª Maria Henar Prieto Arranz. (CIG)
·Dª Maria Formoso Leis. (CIG)
·D. Guillermo González Diaz. (CSI-CSIF)
·D. José Carlos Trinidad SanJose. (CSI-CSIF)
·Dª Iria Redondo Barbeito. (CSI-CSIF)

Xustifican a súa ausencia:
·D. José María Belmar Gómez. (CIG)

Fora da orde do día D. José Carlos Trinidad expón a problemática existente polas quendas dos médicos de urxencias, explica que as quendas non se debateron co persoal senón que foron impostas pola Dirección para a súa aplicación con menos de vintecatro horas de antelación. Explica ademais que coas novas quendas e as novas incorporacións de facultativos, os médicos de urxencias perden poder adquisitivo porque fan menos xornada complementaria.
D. Víctor Ruíz explica que para el a problemática e diferente:
1 ° problema: a implantación das quendas con menos de 24 horas de antelación e sen posibilidade de negociación co persoal afectado.
2° problema: a incorporación de persoal que non reúne a titulación necesaria. Para ser medico de urxencias actualmente fai falla a especialidade de medico de familia vía MIR.
3° problema: que non se seguiron os criterios dos outros hospitais.
D. José Carlos Trinidad propón facer unha queixa dende o Comité polas formas de proceder da Dirección e forzar dende o Comité a que se negocie cos traballadores afectados.

Tamén fora da orde do día Ana Lestón explica o que comentou o Director de Xestión sobre da reunión que mantiveron onte en Santiago.

Nos informa de que estaremos integrados a finais deste mes, que a partir da data de integración se nos liquidará como persoal fixo e haberá que tomar posesión como persoal estatutario. Que os atrasos que corresponden devengaranse no mes de marzo.
Explica ademais que o tema dos permisos e licencias quedará aprobado nos próximos días no SERGAS no seo da Mesa Sectorial e que se nos aplicará no intre de ser persoal estatutario, polo tanto non ten sentido tratar ese tema na vindeira reunión do xoves sete de febreiro.

Acórdase por tanto modificar a orde do día da reunión con Dirección do próximo xoves sete de febreiro, quedando como segue:

Orde do día:

1- Lectura e aprobación das actas anteriores.
2- Traslados en ambulancias. Traslados obstétricos.
3- Méicos de urxencias (quendas e calendarios).
4- Comité de Seguridade e Saúde Laboral.
5- Rogos e preguntas.

Non habendo máis asuntos que tratar e sendo ás 14:20 horas do día anteriormente sinalado, dáse por rematada a sesión.