martes, 24 de febrero de 2009

ACTA PLENO Nº12/08

En Cee, a 23 de outubro de 2008 e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira ten lugar a 6ª reunión extraordinaria do Comité de Empresa, dando comezo a sesión ás 13horas.

MEMBROS QUE ASISTEN AO PLENO:

Dª Ana B. Lestón Gallardo. (CIG)
D. José M. Belmar Gómez. (CIG)
D. Francisco Boullosa Marcote. (UGT)
D. José C. Trinidad Sanjosé. (CSI-CSIF)
Dª Mª Henar Prieto Arranz. (CIG)
Dª Beatriz Pereira Ogando. (CIG)
Dª María Formoso Fdez. (CSI-CSIF)

ORDE DO DÍA:

1.Problemática surxida con admisión pola citación de doentes en consultas externas.
2.Adaptación de postos de traballo por risco laboral no embarazo.

DESENROLO DO PLENO:

1.Problemática surxida con admisión pola citación de doentes en consultas externas.

Dª Ana Lestón explica que cando se pediu que se creara a admisión de urxencias foi para evitar que os auxiliares de enfermería fixeran funcións que non lle competían.. A día de hoxe, os auxiliares de consultas dan citas en consultas externas sen que se teña que ir o servizo de admisión para nada, creando malestar entre o colectivo dos administrativos que ven como outra categoría realiza as súas funcións. Polo tanto ve preciso facer un escrito, con rexistro de entrada, para evitar que esta situación se repita. Aclarando que aínda que o auxiliar poda buscar oco na axenda a aquel doente que o precise, deba mandar a éste ao servizo de admisión para que alí lle den por escrito a súa nova cita.

2.Adaptación de postos de traballo por risco laboral no embarazo.

Dª Ana Lestón plantexa a situación. Existe unha norma onde as resolucións deben chegar ao Comité de Seguridade e Saúde. As delegadas do Comité de seguridade non teñen notificación destas, só obteñen esta información polas resolucións que lle achegan as propias traballadoras.
As resolucións non deixan de ser unha serie de recomendacións dadas ás traballadoras, as cales, repercuten na labor diaria dos demais traballadores, xa que a carga de traballo que se lle quita as embarazadas dáse a maiores a algún dos seus compañeiros. O ter que asumir ditas funcións, éstes ven aumentada a súa carga de traballo.
D. Francisco Boullosa explica a situación na unidade de Hospitalización B onde o resto de traballadores asumen o traballo por orde do supervisor.
Dª Ana Lestón procede a leer un escrito feito polas delegadas do Comité de saúde laboral para presentar en Dirección onde non están de acordo coas resolucións ao considerar que as recomendacións non son suficientes así como que implican unha sobrecarga para o resto de traballadores.
Decídese enviar o escrito.
- Acórdase tamén realizar un escrito conxunto coa Dirección para a petición de celadores. De non ser conxunto será de forma unilateral por parte do Comité de Empresa.

Sen máis temas a tratar dáse por rematada a reunión ás 14:30hs.