martes, 24 de febrero de 2009

ACTA PLENO Nº13/08

En Cee a 11 de decembro de 2008 e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira ten lugar a 7ª reunión extraordinaria do Comité de Empresa. Da comezo o pleno ás 12:40horas.

MEMBROS QUE ASISTEN AO PLENO:

Dª Ana B. Lestón Gallardo. (CIG)
D. José M. Belmar Gómez. (CIG)
Dª Mª Henar Prieto Arranz. (CIG)
Dª Florentina Xoubanova Díaz. (CIG)
Dª María Formoso Fdez. (CSI-CSIF)

Xustifican a súa ausencia:
-D. Guillermo González Díaz (CSI-CSIF)
-D. José C. Trinidad Sanjosé. (CSI-CSIF)
-Dª Beatriz Pereira Ogando. (CIG)

ORDE DO DÍA

1.Problématica xerada sobre a adxudicación en xaneiro da praza de técnico en radioloxía.
2.Convocatoria de reunión coa Dirección, se procede.

DESENROLO DO PLENO

1. Problématica xerada sobre a adxudicación en xaneiro da praza de técnico en radioloxía.
Acórdase enviar un escrito ao director de Recursos Humanos e desenvolvemento profesional do Servizo Galego de Saúde explicándolle que a praza creada debería ser adxudicada por promoción interna seguindo o pacto de contratación vixente a día de hoxe.

2. Convocatoria de reunión coa Dirección, se procede.
Dª Ana Lestón explica que tras unha conversa mantida co seu sindicato, infórmanlle que o señor Paniagua falou co xerente sobre a falla de reunións contestándolle éste que non nos reuníamos porque o Comité non pide reunións.
Por maioría decídese enviar un escrito a Paniagua seguindo os seguintes puntos:
Explicar que as reunións ordinarias están convocadas para todos os segundos xoves de cada mes.
Que se o Comité non solicita reunións, estas non terían lugar nunca. Unha vez solicitadas polo Comité, a maioría son aprazadas por motivos de axenda e nas que tiveron lugar nas novas datas, o xerente non asistiu a ningunha dende o mes de xullo.
Que todas as reunións as que asistiu non houbo ningún tipo de negociación. A única resposta recibida é que “a porta do xulgado está aberta” e que tras dous anos pedindo documentación, o último paso foi ir o xulgado para conseguila.

ROGOS E PREGUNTAS
-Dª Ana Lestón expón que existe un problema co blog. Cambiase a clave. Nunha reunión onde estén presentes os colaboradores do blog decidirase qué colaboradores queren seguir, sempre e cando se acepten as pautas creadas para a utilización do blog.

Sen máis que tratar dáse por rematada a reunión ás 14 horas.