martes, 24 de febrero de 2009

ACTA PLENO Nº11/08

En Cee a 7 de outubro de 2008 e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira ten lugar a 5ª reunión extraordinaria do Comité de Empresa. Da comezo o pleno ás 12:40 horas.

MEMBROS QUE ASISTEN AO PLENO:

Dª Ana B. Lestón Gallardo. (CIG)
D. José M. Belmar Gómez. (CIG)
D. Guillermo González Díaz. (CSI-CSIF)
D. Francisco Boullosa Marcote. (UGT)
D. José C. Trinidad Sanjosé. (CSI-CSIF)
Dª Florentina Xoubanova Díaz. (CIG)
Dª Beatriz Pereira Ogando. (CIG)
Dª María Formoso Fdez. (CSI-CSIF)

ORDE DO DÍA:

1.Incorporación de celadores. Convocatoria de asamblea de traballadores, se procede.
2.Turnos fixos en Secretaría Asistencial.

DESENROLO DO PLENO:

1.Incorporación de celadores. Convocatoria de asamblea de traballadores, se procede.

-Dª. Ana Lestón expón que o 1 de outubro comezaron no Hospital do Salnés a traballar 18 celadores, mentres que oficialmente por parte da nosa Dirección deste centro non se ten coñecemento ningún sobre este tema. Non se sabe si van a vir, ou cantos, ou cando.
Pregunta ao pleno qué medidas vanse adoptar para que se produza algún movemento positivo neste tema.
-Por unanimidade acórdase:

a. Informar aos traballadores e os usuarios, mediante a prensa e o blog, sobre a problemática deste centro.
b. Unha única concentración, polo momento, como medida de protesta por dita situación.
c. Posteriormente valorarase a necesidade ou non de convocar unha asamblea de traballadores para informar sobre a situación actual do hospital e adoptar novas medidas se nada do anterior produce resultado positivo algún.

-D. José C. Trinidad solicita que se envíe á Dirección unha petición para que se informe ao Comité sobre os seguintes conceptos:

PERLE do 2008 e plans a realizar.
Cadros de mandos.
Gastos en obras.
Anteproxecto de persoal para o 2009.

Queda pendente de facer o escrito.

2.Turnos fixos en Secretaría Asistencial.

Debido a demora no outro tema queda éste pendente de abordar nunha reunión que se
fará cos administrativos nos vindeiros días, onde explicarán a súa situación actual.
Sen máis que tratar dáse por rematada o pleno ás 14:30hs.