jueves, 23 de julio de 2009

Acta nº 2 /2009

En Cee, ás 12:00 horas do día 22 de Xaneiro de 2009 e no Hospital Virxe da Xunqueira, ten lugar a 1ª reunión extraordinaria do Comité de Empresa.

Relación de membros do Comité que asisten:

-Dª Ana Belén Lestón Gallardo (CIG).
-Dª María Formoso Fernández (CSI-CSIF).
-D. Guillermo González Díaz (CSI-CSIF).
-D. José María Belmar Gómez (CIG).
-Dª Mª del Henar Prieto Arranz (CIG).
-Dª Beatriz Pereira Ogando (CIG).
-D. José C. Trinidad Sanjosé (CSI-CSIF).
-Dª Florentina Xoubanova Díaz (CIG).

Xustifican a súa ausencia:

-Dª María Formoso Leis (CIG).

Orde do día:

-Valoración das declaracións do Director Xerente sobre o Comité de Empresa e o Servizo de Medicina Interna. Propostas para dar resposta se procede.


Desenrolo do pleno:

-D. José C. Trinidad Sanjosé explica que tras tres requerimentos do xulgado a esta Dirección, ésta todavía non deu resposta.
Tamén fai unha peticiión do Servizo de Medina Interna, pola cal dous representantes de este servizo piden falar co Comité por mor das acusacións do Director Xerente hacia o seu servizo.

-Acéptase escoitalos.

En nome do Servizo de Medicina Interna, D. Eduardo Granja e Dª Carmen González piden ao Comité: apoio no seu problema, de tal maneira que os apoiemos dende o Blog e dende tódolos sitios que o Comité dispoña, así como mostrar o noso apoio durante unha rolda de prensa que farán nos vindeiros días, asistindo a ela. Nesta rolda de prensa falarán sobre a súa situación e explicarán todos os puntos dados polo Director Xerente á prensa. Dar a máxima difusión do agravio que se fixo o servizo.

-Todos os presentes están dacordo en dar apoio a este grupo de traballadores que así o piden.

-Dª Ana Lestón prosigue coa orde do día.
-Queda acordado polos presentes:
1º. Facer unha rolda de prensa en Santiago co apoio de tódalas Centrais Sindicais que conforman o Comité, o día xoves 29 de xaneiro.

2º. Facer un comunicado que se leerá ese día na rolda de prensa onde se explicará a situación do Hospital e onde se calrificarán as descalificacións vertidas á prensa polo Director Xerente, así como dar o noso apoio ao Servizo de Medicina Interna.

3º. Tentarase que dito comunicado sexa asinado polas centrais sindicais.

Queda pendente de realizar dito comunicado, cando se teña un boceto pasarase a tódolos integrantes do Comité para que den o seu visto bo ou engadan o que crean necesario.

Sen máis asuntos que tratar dáse por rematada a sesión ás 13:50 horas.