jueves, 11 de junio de 2009

Acta Nº 1 /2009

En Cee, a 15 de xaneiro de 2009 e no Hospital Virxe da Xunqueira ten lugar a 1ª reunión ordinaria do Comité de Empresa. Da comenzo o pleno ás 12:30 horas.

MEMBROS QUE ASISTEN AO PLENO:

-Dª Ana B. Lestón Gallardo (CIG).
-Dª Beatriz Pereira Ogando (CIG).
-Dª Mª Henar Prieto Arranz (CIG).
-Dª Florentina Xoubanova Díaz (CIG).
-Dª María Formoso Fdez (CSI-CSIF).
-D. José Carlos Trinidad Sanjosé (CSI-CSIF).

Xustifican a súa ausencia:

-D. Guillermo González Díaz (CSI-CSIF).
-D. José Mª Belmar Gómez (CIG).
-D. Olegario Alves Senra (UGT).

ORDE DO DÍA:

1. Lestura e aprobación de actas anteriores.
2. Propostas dos membros do Comité de cara a unha Asamblea de Traballadores.
3. Convocatoria de Asamblea, se procede.
4. Rogos e preguntas.

DESENROLO DO PLENO

1. Lectura e aprobación de actas anteriores.

Tras varias correcións queda pendentes de firmar unha vez subsanados os erros.

2. Propostas dos membros do Comité de cara a unha Asamblea de Traballadores.

Tras a lectura por parte de Dª Ana Lestón dun borrador onde se especifican as peticións a realizar, queda o cadro da seguinte maneira: (cadro anexo).

-Dª Ana Lestón explica que en Hospitalización deron a opción de poñer máis auxiliares de enfermería a cambio de celadores, sempre e cando se renunciara por escrito a éstos. Os traballadores non asinaron nada.

Ademáis da proposta de aumento de persoal, decídese levar como punto do día para a Asamblea de Traballadores a problemática sobre as listaxes de área. En febreiro está previsto de que saian novas listaxes, e a intención do Sergas é que as listaxes sexan por área.

-Dª Ana Lestón explica que a CIG nos ía apoiar na recollida de sinaturas para que os hospitais comarcais tivesen listas propias e non de área, e aporta unha folla de recollidas de sinaturas que se vai repartir por toda Galicia.

-Decídese que a recollida de sinaturas voltarase a facer coas novas follas para que a entrega sexa de carácter xeral. A recollida terá lugar ata o 26 de xaneiro e entregaranse o xoves 29 de xaneiro en Santiago.
-Ademais farase unha concentración en Santiago o xoves 29 de xaneiro polo tema das listaxes de contratación, contando co apoio dos delegados de CIG-SAUDE.

3. Convocatoría de Asamblea, se procede.

Queda pendente de convocar a Asamblea de Traballadores para o vindeiro luns 26 de xaneiro de 2009.

4. Rogos e preguntas.

-D. José Carlos Trinidad Sanjosé fai entrega da documentación en onde se fai constar que o xulgado require á Dirección os informes necesarios xa que a demanda foi admitida a trámite.

-Dª Ana Lestón pide facer unha estructuración para a petición de plantilla para presentala na Asamblea e se todos estan de acordo, darlle rexistro de entrada en Dirección ó día seguinte da Asamblea.

-Decídese tamén pedir reunión ordinaria con Dirección para o 12 de febreiro, para tratar temas puntuais que afectan o hospital e os seus traballadores.

Temas propostos para a orde do día:

1. Levar borrador para o cambio de cartelera anual. Entregar mellor con firmas.
2. Laboratorio: cubrir a coordinadora sen sobrecargar ao técnico da quenda de mañá
3. Aumento de plantilla:
-Coñecer o aumento de plantilla do 2009.
-Presentar proposta de aumento de plantilla.
-Auxiliar de farmacia. Perdemos unha auxiliar de enfermería se se cubre esa praza cun auxiliar de enfermería.

-Dª Ana Lestón pide que conste o malestar cos membros do Comité que non asisten as reunións sen xustificar a súa asuncecia.

Sen máis temas a tratar, dáse por rematada a reunión ás 15 horas.