domingo, 21 de septiembre de 2008

ACTA PLENO Nº7/07

En Cee, ás 13 :23 horas do día 20 de novembro do 2007, e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, ten lugar a quinta reunión ordinaria do Comité de Empresa.

Relación dos membros electos do Comité de Empresa que asistiron ao Pleno:
·Dª Ana Belén Lestón Gallardo (CIG).
·D. Guillermo González Díaz (CSI-CSIF).
·D. Víctor Ruiz Hervella (UXT).
·Dª María Formoso Leis (CIG).
·D. José María Belmar Gómez (CIG).
·Dª Beatriz Pereira Ogando (CIG).
·Dª María Henar Prieto Arranz (CIG).
·Dª Cristina Fernández Corpas (CSI-CSIF).
·Dª Florentina Xoubanova Fernández (CIG).
·Dª Iria Redondo Barbeito (CSI-CSIF).

Orde do día:
1- Lectura e aprobación das actas anteriores do Comité de Empresa.
2- Convocatoria dunha Asamblea dos Traballadores para informar sobre a negativa da Dirección á nosa proposta de ampliación de plantilla da área de Enfermería e medidas a tomar.
3- Rogos e preguntas.


1- Lectura e aprobación das actas anteriores do Comité de Empresa.Procedese a lectura das anteriores actas, non habendo ningunha alegación por parte dos membros do Comité, procedese a súa aprobación.
2- Convocatoria dunha Asamblea dos Traballadores para informar sobre a negativa da Dirección á nosa proposta de ampliacion de plantilla da área de Enfermería e medidas a tomar.

Dª Ana Lestón expón o acontecido na última semana en canto a proposta do Comité de Empresa da ampliación de plantilla na área de Enfermería. Tódolos membros do Comité de Empresa están de acordo en convocar unha Asamblea dos Traballadores co fin de informar da situación a todo o persoal e así poder decidir que medidas se van tomar.
Dª Cristina Corpas e D. Víctor Ruiz comprométense a informar ao persoal facultativo ao igual que o resto dos membros do Comité que informarán nas súas unidades co fin de que acuda a maioria do persoal.
Decídese convocar a Asamblea o vindeiro xoves 29 de novembro as 14:30 horas no Salón de Actos do HVX.
DªAna Lestón coma Presidenta do Comité de Empresa queda en convocar e falar coa prensa para darlle cobertura nos medios a Asamblea e as nosas reivindicacións.


3- Rogos e preguntas.


Non habendo maís asuntos que tratar e sendo as 14:00 horas do día anteriormente sinalado, dase por rematada a sesión.