domingo, 21 de septiembre de 2008

ACTA PLENO Nº5/07

En Cee, ás 12:25 horas do día 30 de outubro do 2007, e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, ten lugar a cuarta reunión ordinaria do Comité de Empresa.

Relación dos membros electos do Comité de Empresa que asistiron ao Pleno:

·Dª Ana Belén Lestón Gallardo (CIG).
·Dª María Henar Prieto Arranz (CIG).
·Dª Beatriz Pereira Ogando (CIG).
·Dª Florentina Xoubanova Fernández (CIG).
·D. Jose Maria Belmar Gómez (CIG).
·Dª Iria Redondo Barbeito (CSI-CSIF).

Xustifican a sua ausencia:
·Dª Maria Formoso Leis (CIG).
·D. José Carlos Trinidad Sanjosé (CSI-CSIF).
·D. Guillermo González Díaz (CSI-CSIF).

Orde do día:
1- Lectura e aprobación da acta anterior do Comité de Empresa.
2- Lectura e aprobación da acta da anterior reunión con Dirección.
3- Proposta de ampliación de plantilla.
4- Establecemento da orde do día para a vindeira reunión con Dirección.
5- Rogos e preguntas.

Desenvolvemento do Pleno:
1- Lectura e aprobación da acta anterior do Comité de Empresa.

Ana Lestón procede a lectura da acta da reunión do Comité do pasado catro de outubro, procédese a súa aprobación.

2-Lectura e aprobación da acta da reunión con Dirección:

Ana Lestón procede a lectura da acta da reunión con Dirección do pasado vinte de setembro, procédese a súa aprobación.

3-Proposta de ampliación de plantilla:

Preséntase o borrador definitivo da proposta de ampliación de plantilla na área de enfermería, no que se estivo a traballar nas últimas semanas, decídese a súa presentación na vindeira reunión con Dirección.

4-Establecemento da orde do día para a vindeira reunión con Dirección:

A proposta da orde do día que establecida da seguinte maneira:

1- Lectura e aprobación da acta anterior.
2- Proposta de ampliación de plantilla da área de enfermería.
3- Proposta de compra de material de seguridade.
4- Aparcamento do persoal.
5- Rogos e preguntas.

Queda pendente de determinar a data desta reunión con Dirección, en función da presencia do Dr. de Xestión e da Dra. de Enfermería

5-Rogos e preguntas:

Ana Lestón como Presidenta do Comité de Empresa expresa a súa queixa pola ausencia da maioría dos membros do Comité. Dada a obrigatoriedade de asistir ás reunións do Comité solicita que cando se vaia a faltar ás reunións ordinarias do Comité hai que notificalo e xustificalo con 24 horas de antelación.


Non habendo máis asuntos que tratar e sendo as 13:45 horas do día anteriormente sinalado, dáse por remata a sesión.