martes, 16 de septiembre de 2008

ACTA PLENO Nº3/07

En Cee, ás 11:15 horas do día 11 de setembro do 2007, e na Fundación Pública Hospital Vires da Xunqueira, ten lugar a segunda reunión ordinaria do Comité de Empresa.

Relación dos membros electos do Comité de Empresa que asistiron ao Pleno:

Dª Ana Belén Lestón Gallardo (CIG).
Dª María Henar Prieto Arranz (CIG).
Dª María Formoso Leis (CIG).
Dª Beatriz Pereira Ogando (CIG).
D. Guillermo González Díaz (CSI-CSIF).
D. José Carlos Trinidad Sanjosé (CSI-CSIF).
Dª Florentina Xoubanova Díaz (CIG).
D. Víctor Ruíz Hervella (UXT).
Dª Iria Redondo Barbeito (CSI-CSIF).

Xustifican a súa ausencia:

D. José Mª Belmar Gómez (CIG).
D. Olegario Alvés Senra (UXT).
D. Francisco Boullosa Marcote (UXT).


Orde do día:

1- Concurso de acoplamentos internos.
2- Revisión de permisos e licenzas (acta reunión do 28/08/07)
3- Reducción de xornada de facultativos.
4- Establecemento da orde do día para a seguinte reunión con Dirección.
5- Rogos e preguntas.


Desenvolvemento do pleno:

1- Concurso de acoplamentos internos:

Coméntase a próxima convocatoria do Concurso de acoplamentos internos para persoal de enfermería. Procédese a lectura do procedemento ao que se chegou a acordo con Dirección o pasado martes 4 de setembro, non habendo ningunha alegación polos membros presentes.
Chegouse ao acordo de formar a Comisión Paritaria: formarán parte dela dous enfermeiras (Ana Belén Lestón Gallardo e Iria Redondo Barbeito) e dous auxiliares de enfermeria (pendentes de confirmar).

2-Revisión de permisos e licenzas (acta reunión do 28/08/07):

Ante a falta da Acta oficial por parte de Dirección, dase lectura ás anotacións sobre dita reunión que tomaron os membros do Comité que asistiron á mesma.
Ante o desacordo manifestado por algúns membros do Comité respecto dos acordos acadados en dita reunión, formularanse diferentes alegacións ao mesmo na vindeira reunión con Dirección o próximo xoves 20 de setembro.

As alegacións irán referidas aos seguintes permisos:

-Días de libre disposición: Solicitarase que a resposta sexa por escrito ( o silencio administrativo non debe ser a norma). Desacordo por parte dalgúns membros do Comité coa limitación dos días de libre disposición durante o período de Nadal (nova proposta, só limitar a 3 días por persoa cando haxa problemas de cobertura).

-Vacacións: aclarar coa Dirección que as vacacións sí se poden pedir en decembro e xaneiro.

-Reducción de Xornada: manifestar de novo o total desacordo do Comité de Empresa respecto da normativa que se quere implantar por parte da Dirección e tratar o caso especial da reducción de xornada do Dr.***** *****. O Dr Trinidad explica que no caso dos facultativos as reduccións de xornada son “orientadas” por parte da Dirección, nas que non se cumpre o criterio de proporcionalidade que a Dirección pretende implantar nas outras categorías.

3-Reducción de xornada de facultativos:

José Carlos Trinidad comunica as intencións da Dirección do Hospital para a cobertura da reducción de xornada do 35% solicitada polo Dr. ***** ***** . Para dita cobertura a Dirección pretende obrigar aos seus compañeiros a facerse cargo dos seus pacientes hospitalizados sen ningún tipo de compensación. José Carlos Trinidad notifica a súa intención de denunciar ao Hospital a través da central sindical CSI-CSIF se non se chega a acordo cos traballadores implicados (solicitan comenzar media hora maís tarde as Consultas Externas, para poder pasar visita aos pacientes hospitalizados polo Dr.***** *****), obtén o apoio de tódolos membros do Comité presentes. Será un dos puntos a tratar na vindeira reunión con Dirección o próximo 20 de setembro na que se solicitará notificación por escrito da Dirección de que teñen que asumir a reducción de xornada do compañeiro.

4-Establecemento da orde do día para a seguinte reunión con Dirección:

Orde do día:

1-Lectura e aprobación del acta anterior.
2-Aclaracións á reunión previa do 19/07/07.
3-Actitude da Dirección cun traballador do centro.
4-Alegacións á reunión previa o 28/08/07.
5-Plans especiais.
6-10º Aniversario do Hospital
7-Rogos y preguntas.

5-Rogos e preguntas:

·Aclaracións de José Carlos Trinidad da noticia de prensa publicada o pasado mes de xullo do 2007, confirma que sí falou co xornalista, pero foi a título persoal como membro do Comité de Empresa, pero non no nome do Comité de Empresa.

·O Dr. Trinidad aporta o escrito no que a ***** ***** relata o seu desencontro co ***** ***** do Hospital , adxúntase o escrito á presente acta. Acéptase por parte do Comité facer unha queixa formal na vindeira reunión con Dirección. Dáse entrada coa data da reunión.

·Incumplimiento da lei de incompatibilidade por parte do Hospital.
Realización simultánea de garda e peonada (cobrando por ámbalas dúas cousas á vez). Coméntase o caso das peonadas dos Radiólogos, as probas fánse polos técnicos o día da peonada, pero son informadas ao día seguinte, no horario ordinario de traballo.

·Solicitude de Víctor Ruíz Hervella de que se pida ás centrais sindicais os motivos e términos da denuncia interposta contra a integración das Fundación (auto xudicial). Acórdase solicitar dito documento ás diferentes centrais sindicais.

·Coméntase a suba para o persoal Estatutario das pagas extra (inclúen o complemento especifico). Acórdase solicitalo para a paga extra de decembro.

·A secretaria do Comité de Empresa Iria Redondo Barbeito presenta a súa dimisión perante do Comité de Empresa, dimisión que non é admitida por parte do Comité, polo que se mantén no seu posto.

·Plantéxase unha reunión para outubro para estudar unha petición de incremento de plantilla nas diferentes unidades e a solicitude de celadores.

Non habendo maís asuntos que tratar e sendo as 13:45 horas do día anteriormente sinalado, dáse por rematada a sesión.