En Cee, ás 12:15 horas do día 9 de Xullo do 2007, e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, tendo lugar o primiro pleno do Comité de Empresa da citada Fundación despois das eleccións sindicais celebradas o pasado 28 de xuño do 2007.
Relación dos membros electos do Comité de Empresa que asistiron ó Pleno:
-Dª Ana Lestón Gallardo (CIG).
-Dª María Henar Prieto Arranz (CIG).
-DªMaría Formoso Leis (CIG).
-D. José María Belmar Gómez (CIG).
-Dª Beatriz Pereira Ogando (CIG).
-D. Olegario Alvés Senra (UXT).
-Dª Cristina Fernández Corpas (CSI-CSIF).
-D. Guillermo González Díaz (CSI-CSIF).
-D. José Carlos Trinidad Sanjosé (CSI-CSIF).
-Dª Florentina Xoubanova Díaz (CIG).
-D. Francisco Boullosa Marcote (UXT).
-Dª Iria Redondo Barbeito (CSI-CSIF).
Xustifica a súa ausencia:
-D.Víctor Ruiz Hervella (UXT).
Orde do día:
1. Constitución do novo Comité de Empresa e nomeamento do Presidente, Vicepresidente, Secretario e Vicesecretario.
2. Rogos e Preguntas.
Desenvolvemento do Pleno:
1- Contitución do novo Comité de Empresa e nomeamento do presidente, vicepresidente, secretario e vicesecretario.
Noméase por unanimidade de tódolos membros, ó presidente, ó secretario, ó vicepresidente e ó vicesecretario, quedando da seguinte maneira:
-Presidente: Dª Ana Lestón Gallardo, por pertencer á lista máis votada.
-Secretario: Dª Iria Redondo Barbeito, por pertencer á segunda lista máis votada.
-Vicepresidente: D. Olegario Alvés Senra.
-Vicesecretario: D. Guillermo González Díaz.
2- Rogos e preguntas:
-Acordo de cesión de horas sindicais ó presidente e ó secretario;acórdase por unanimidade de tódolos membros presentes, a cesión de nove horas de crédito sindical de cada un dos membros do Comité de Empresa á figura do presidente e do secretario.
Deste xeito as horas quedarian repartidas da seguinte forma:
Presidente: 80 horas.
Secretario: 79 horas.
Resto dos membros: 21 horas.
-Acordo de apertura do local do Comité de Empresa; a´cordase por unanimidade que o presidente e o secretario se reúnan tódolos martes e xoves no local do Comité. Os martes o local estará aberto a tódolos traballadores da Fundación. Os xoves trataranse asuntos internos do Comité.
-Proponse establecer un plan de traballo e fixar uns obxetivos conxuntos entre tódolos representantes do Comité, co fin de loitar por eles e acadalos ó longo dos catro anos da legislatura.
-Queda establecida a Comisión de Seguimento do Pacto de Contratacions formada polo presidente e o secretario do Comité e polo membro do Comité Dª.Florentina Xoubanova Díaz.
-Exixir á Dirección da Fundación o cumplimento dos prazos para as reunións ordinarias co Comité de Empresa, que según o regulamento interno vixente se celebrarán os segundos xoves de cada mes.
-Decídese solicitar a celebración da reunión ordinaria como corresponde para o xoves 12 de xullo do 2007, establecéndose como orde do día:
1.Presentación do novo Comité de Empresa.
2.Definición das 27 prazas anunciadas pola Conselleira de Sanidade na súa visita o pasado venres 06/07/07.
3.Problemática de actas. Solicitude de actas anteriores. Fixar normativa das futuras actas.
4. O.P.E. Cumprimento do regulamento.
5.Actualización sobre o proceso de Estatutarización.
6.Estado actual das contas.
7.Cadros de mando.
8.Constitución da Xunta Técnico-Asistencial.
9.Resposta á solicitude do seguro de trasladados
10.Petición de cobertura do Banco de sangue cun Facultativo especialista en Banco de sangue e Hemoterapia.
11.Rogos e preguntas.
Non habendo máis asuntos que tratar e sendo as 13:45 horas do día anteriormente sinalado, dáse por rematada a sesión.