domingo, 21 de septiembre de 2008

ACTA REUNIÓN EXTRAORDINARIA Nº6/07

En Cee, ás 11:20 horas do día 8 de novembro do 2007, e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, ten lugar a segunda reunión extraordinaria do Comité de Empresa.

Relación dos membros electos do Comité de Empresa que asistiron ao Pleno:


DªAna Belén Lestón Gallardo (CIG).
D. José María Belmar Gómez (CIG).
DªMaría Henar Prieto Arranz (CIG).
DªMaría Formoso Leis (CIG).
D.Guillermo Gonzalez Diaz (CSI-CSIF).
DªBeatriz Pereira Ogando (CIG). '-
DªIria Redondo Barbeito (CSI-CSIF).

Orde do día:

-Constitución do Comité de Saúde Laboral do HVX.
-Elección dos membros do Comité que formaran parte do mesmo.

Desenvolvemento do Pleno:

Ana Lestón toma a palabra e expón as condicións da baixa por risco da lactación.
Explica que á traballadora ***** *****, concedéuselle a baixa pola turnicidade, non polos riscos biolóxicos xa que non está feita a avaliación dos mesmos nos diferentes postos de traballo.
***** ***** traballadora deste hospital solicitou 0 mesmo tipo de baixa e denegóuselle. Comunicáronlle dende a Dirección do hospital que sí que existe un posto de traballo compatible coa lactación e polo tanto a mutua non lle concede a baixa. Cando dita traballadora se presenta a traballar 0 Director Médico infórmalle que non se pode meter nun quirófano e que non pode facer gardas, pero ninguen lle explica cal e 0 posto de traballo que pode desempeñar.
O hospital amparase en que non esta formado o Comité de Saúde Laboral, do cal tres dos seus membros deben formar parte do Comité de Empresa. Por tal motivo convocouse esta reunión extraordinaria, para determinar que membros do Comité de Empresa deben formar parte do mesmo, para a sua posta en marcha inmediata.
Presentanse voluntariamente Ana Lestón, María Henar Prieto e Beatriz Pereira, non habendo obxeccións por parte de ningun dos outros membros presentes. Queda coma membro suplente do devandito Comité, José Mª Belmar Gómez.

Non habendo máis asuntos que tratar e sendo as 12:3 0 horas do día anteriormente sinalado, dase por rematada a sesión.