miércoles, 10 de septiembre de 2008

ACTA REUNIÓN EXTRAORDINARIA Nº2/07

En Cee ás 12:20 horas do día 17 de Agosto do 2007 e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira ten lugar a reunión extraordinaria do Comité de Empresa.

Relación dos membros electos do Comité de Empresa que asistiron á reunión:

-Dª Ana Belén Lestón Gallardo (CIG).
-DªBeatriz Pereira Ogando (CIG).
-D.Guillermo González Díaz (CSI-CSIF).
-DªFlorentina Xoubanova Díaz (CIG).
-D.Francisco Boullosa Marcote (UXT).
-D.Víctor Ruiz Hervella (UXT).
-Dª Iria Redondo Barbeito (CSI-CSIF).
-D. José Mª Belmar Gómez (CIG).

Xustifican a súa ausencia:

-Dª Maria Henar Prieto Arranz (CIG).
-Dª María Formos Leis (CIG).
-D.Olegario Alvés Senra (UXT).
-Dª Cristina Fernández Corpas (CSI-CSIF).
-D. José Carlos Trinidad Sanjosé (CSI-CSIF).

ORDE DO DÍA:

1.Aparición na prensa o día 11/08/07 dun artigo no que se notifica a admisión da demanda da plataforma contra a integración do persoal das fundacións no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
2.Medidas a adoptar e información aos traballadores.

3.Rogos e preguntas.


Desenvolvemento da reunión:

1.Aparición na prensa o día 11/08/07 dun artigo no que se notifica a admisión da demanda da plataforma contra a integración do persoal das fundacións no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

-Infórmase a tódolos asistentes do artículo aparecido na prensa, así como da información dada por parte da Dirección do Hospital (trala consulta coa Conselleira de Sanidade) e a información obtida a través do avogado da asesoria xuridica da CIG.

2. Medidas a adoptar e información aos traballadores.

-Dada a intranquilidade xerada nos traballadores trala publicación na prensa deste artigo decidese por votación unánime enviar unha nota informativa a tódolos traballadores do hospital. Debátese sobre un borrador presentado por D. Víctor Ruíz Hervella, chegando a un acordo sobre o mesmo entre tódolos asistentes.

-Decidese por votación unánime presentar no Nome do Comité de Empresa unha nota de prensa en resposta a dito artigo,chegando a un acordo sobre a mesma entre tódolos asistentes.Quedando encargado de falar coa prensa D. Víctor Ruíz Hervella.

-Decídese por votación unánime enviar unha nota informativa (similar a enviada aos traballadores do Hospital Virxe da Xunqueira) ao resto das Fundacións. Quedan encargados do envio D.Víctor Ruíz Hervella e Dª Iria Redondo Barbeito.

3.Rogos e preguntas.

Non habendo máis asuntos que tratar e sendo as 12:50 horas do día anteriormente sinalado dáse por rematada a sesión.