domingo, 21 de septiembre de 2008

ACTA PLENO Nº4/07

En Cee, ás 11: 15 horas do día 4 de outubro do 2007, e na Fundación Pública Hospital Virxe da Xunqueira, ten lugar a tercera reunión ordinaria do Comité de Empresa.

Relación dos membros electos do Comité de Empresa que asistiron ao Pleno:


DªAna Belén Lestón Gallardo (CIG).
DªMaría Henar Prieto Arranz (CIG).
DªMaría Formoso Leis (CIG).
DªBeatriz Pereira Ogando (CIG).
DªCristina Fernández Corpas (CSI-CSIF).
D.Guillermo González Díaz (CSI-CSIF).
D.José Carlos Trinidad Sanjosé (CSI-CSIF).
DªFlorentina Xoubanova Díaz (CIG).
D. Víctor Ruiz Hervella (UXT).
D. José María Belmar Gómez (CIG).
DªIria Redondo Barbeito (CSI-CSIF).

Orde do día:

1- Lectura e aprobación das actas anteriores.
2- Establecemento da orde do día para a vindeira reunión con Dirección 0 próximo xoves 11 de outubro.
3- Rogos e preguntas.

1- Lectura e aprobación das actas anteriores.

Iria Redondo procede a lectura das actas do Comité do pasado 17/0S/07 e do 11/09/07, procedese a sua aprobación.

2- Establecemento da orde do día para a vindeira reunión con Dirección o próximo xoves 11 de outubro:

Dª Cristina Fernández expón dous puntos que quere que se traten na vindeira reunión:

·Incremento dos días de libre disposición en función da antigüidade.
·Consultar 0 prorrateo das axudantias (concepto de garda).No servizo de cirurxia solicitan 0 prorrateo do soldo do suposto sustituto como en anos anteriores.

A proposta da orde do día queda establecida da seguinte maneira:

1)-Lectura e aprobación da acta anterior.
2)-Incremento dos días de libre disposición en función da antigüidade.
3)-Compensación por déficit temporal de persoal nos servizos.
4)-Axudantías.
5)-Plans especiais.
6)-Visitas de familiares nas unidades.
7)-Calendario de reunións extraordinarias.
8)-OPE.
9)-Rogos e preguntas.

3- Rogos e preguntas:


·Dª Ana Lestón toma a palabra e procede a lectura do borrador da acta da reunión do 20/09/07 aportado pola Dirección. Preséntanse diferentes alegacións que se detallan a continuación:
- Xustifican a súa ausencia por parte do Comité de Empresa: D. Francisco Boullosa Marcote e Dª Iria Redondo Barbeito.

- l-LECTURA E APROBACION DA ACTA ANTERIOR:
D. José Carlos Trinidad puntualiza con respecto ao Banco de Sangue que o noso servizo de Hematoloxia non ten coñecemento do posible concerto co hematólogo do CHUJC, e que se está pendente da elaboración dun protocolo con respecto a este tema.

- 2-ACLARACIÓNS A REUNIÓN CELEBRADA 0 19 DE XULLO DO 2007: (Resumo do primeiro paragrafo) José Carlos Trinidad confirma a sua colaboración na nota de prensa publicada o pasado mes de xullo, en calidade de membro do Comité de Empresa e non en representación do mesmo. Colaboración realizada a petición do xornalista por vía telefónica cando José Carlos Trinidad estaba de vacacións. Confirma ademais a súa non intencionalidade política.
Ana Lestón pregunta para cando se vai dispoñer dos cadros de mando, e o Director da Fundación informa de que próximamente estarán a disposición do Comité de Empresa e que se entregaran mensualmente.
O Director de Xestión informa de que esta pendente de adxudicación o concurso de ambulancias a nivel do Sergas. 0 cal sera de aplicación tamen neste hospital.

- 3 ACTITUDE DA DIRECCIÓN CUN TRABALLADOR:
A carta estaba suscrita por ***** *****

- 4 ALEGACIÓNS A REUNIÓN CELEBRADA 0 28 DE AGOSTO DO 2007:
Ana Lestón expón distintos aspectos relativos a cuestións de licenzas e permisos, e queda pendente de entregar por escrito as alegacións a esa acta. Queda pendente para tratar noutra reunión o referente as reduccións de xornada ademais da contestación as mesmas. A pesar disto, o Director de Xestión acepta que no periodo de Nadal só se restrinxa a 3 días de libre disposición por persoa naquelas unidades nas que houbese problemas de cobertura. Ademáis, o Director de Xestión informa que o silencio positivo e a norma no Sergas para a aceptación dos días de libre disposición; e que no punto das compensaci6ns de xornada se cambiará o termo "obrigatoriamente" por " con caracter xeral".

- 5-PLANS ESPECIAIS:
No derradeiro parágrafo, D. Víctor Ruiz solicita que se estude a posibilidade de establecer un sistema para que tódolos traballadores puideran obter unha compensación por cumprir os seus obxectivos.

O Dr. Trinidad solicita explicacións sobre a reducción de xornada dun internista nun 35%, sobre as repercusións no resto do servizo, e o Director da Fundación o remite á reunión que se fará sobre este tema.

- 6 10° ANIVERSARIO DO HOSPITAL:
Cumprirase o vindeiro 8 de setembro de 2008.

·Debátese unha proposta de calendario para as vindeiras reunións con Dirección, calendario que será presentado na reunión do día 11/10/07:

-17 de outubro: Pacto de contratacións.
-23 de outubro: Traslados / Ambulancias.
-13 de novembro: reduccions de xornada.

·Propóñense tamén as seguintes datas para ás reunións do Comité:

-25 de outubro: incremento de plantilla.
-30 de outubro: próxima reunión ordinaria do Comité.

Non habendo máis asuntos que tratar e sendo as 14:15 horas do día anteriormente sinalado, dáse por rematada a sesión.